13 jun. 2017

PREMIADOS NO IV CONCURSO FOTOGRÁFICO E III CERTAME LITERARIO



O 31 de maio, o xurado do IV Concurso de Fotografía Eucaristía e Patrimonio Relixioso en Lugo acordou por unanimidade conceder os seguintes premios:
1. Apartado Patrimonio Relixioso
– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía de Francisco Javier Azurmendi Iglesias.
– Segundo premio e trofeo dotado con 400 € á fotografía de Julio Sánchez Pallín.
– Accésit, dotado con 150 €, á fotografía de José Ignacio Vizoso Pena.
2. Apartado Eucaristía en Lugo
– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía de Ana Criado Sánchez.
– Segundo premio, dotado con 400 € e trofeo, á fotografía de José Rey.
Os premios entregaranse o día 17 de xuño ás 12.30 h no salón de actos do Seminario Diocesano de Lugo. As fotografías premiadas, así como unha selección de todas as recibidas, expoñeranse durante un mes neste centro. 
Este concurso convocado polo Centro Eucarístico Lucense pretende ser unha invitación aos artistas, profesionais ou afeccionados á fotografía, a fixarse no rico patrimonio cristián e eucarístico da nosa terra. Os organizadores agradecen a gran acollida prestada a esta iniciativa.



O 8 de xuño fíxose público o fallo do xurado do III Certamen de Poesía Eucarística organizado polo Centro Eucarístico Lucense (LEC):
A) Categoría adultos (maiores de 18 anos)
1º Premio: 600 € e a publicación da obra ao conxunto de poemas “Quenda de adoración na Catedral de Lugo” de Daniel Gil González. (Lalín, Pontevedra)
2º Premio: 450 € e a publicación da obra, ao poema “Cántico espiritual” de Sandra Palacios Garrán. (Puerto del Carmen, As Palmas)
B) Categoría xuvenil (ata 18 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Llamada” de Cristina Ouro Alvite. (A Coruña)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Poesía Eucarística” de Ander Fernández Santos. (Lugo) 
C) Categoría infantil (ata 15 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Camiños cheos de flores” de Patricia López Fernández. (Lugo)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Poesía Eucarística” de Carlos Vázquez García. (Pol, Lugo)
O xurado viuse sorprendido pola gran participación nesta III convocatoria, moi superior a edicións anteriores. Desexa destacar a gran calidade das poesías recibidas, e por iso o difícil labor de seleccionar ás ganadoras, pois eran moitas as que merecían o premio.
O sábado, día 17, a partir das 12.30 h no salón de actos do Seminario diocesano de Lugo farase entrega dos premios deste certame de poesía e do de fotografía. Ámbolos dous concursos están organizados polo Centro Eucarístico Lucense.

26 may. 2017

VI ENCONTRO EUCARÍSTICO LUCENSE
CORPUS 2017



PROGRAMA





4 may. 2017

VI EEL - CORPUS 2017

III CERTAME LITERARIO DE POESÍA EUCARÍSTICA




BASES


Entrega
As obras poderanse entregar en persoa ou enviarse por correo ó Centro Eucarístico Lucense, Praza de Santa María 1, 27001 Lugo. Mencionando no sobre “Certame Literario”. Non se admiten traballos presentados por correo electrónico.

Premios
Categoría adultos (maiores de 18 anos)
– Primeiro: 600 euros e a publicación da obra.
– Segundo: 350 euros e a publicación da obra.
Categoría infantil (ata 15 anos)
– Primeiro: 350 euros en material escolar ou libros e a publicación da obra. – Segundo: 250 euros en material escolar ou libros e a publicación da obra. Categoría xuvenil (ata 18 anos)
– Primeiro:350eurosenmaterialescolaroulibroseapublicacióndaobra. – Segundo: 250 euros en material escolar ou libros e a publicación da obra.


Calendario
O prazo de recepción rematará o 27 de maio.
Fallo: comunicarase aos gañadores na segunda semana de xuño e tamén se dará a coñecer a través dos medios de comunicación.
Entrega de premios: entregaranse os premios durante a semana do Corpus. O lector será invitado a ler a súa obra na Summa Poética, acto de música e poesía.


Devolución
Os dereitos da primeira edición das obras son do LEC. Tódalas obras que non foran premiadas pasarán ó arquivo do Centro Eucarístico Lucense e non se devolverán orixinais. A organización reserva o dereito de publicación da obra que considere axeitada, dando a coñecer o nome do seu autor.

Xurado
O xurado estará composto por escritores e profesores nomeados polo LEC que emitirán un fallo inapelable antes do 5 de xuño. Se as obras presen- tadas non acadasen a calidade necesaria, o premio poderá ser declarado deserto.

Imprevistos
Se con posterioridade á concesión do premio se coñecese algunha ano- malía ou incumprimento das bases, procederase á súa revogación, previa consulta co xurado.
Calquera caso non previsto nestas normas será estudado e resolto pola organización. A participación supón a aceptación das presentes bases.


Temática
A súa temática debe ser eucarística, preferiblemente vencellada coa ado- ración eucarística en Lugo.
Pódense presentar ao Certame Literario de Poesía Eucarística todas aque- las poesías escritas en castelán ou en galego que constitúan un único poema ou varios cunha extensión máxima de 300 versos e mínima de 50.


Presentación
Os orixinais presentaranse numerados e a dobre espazo, por unha soa cara en formato A4. Deberán presentarse dentro dun sobre pechado no que só constará un pseudónimo do autor e a categoría á que se presenta. Dentro do mesmo sobre incluirase unha plica co mesmo pseudónimo que conterá nome, apelidos, fotocopia do DNI, correo electrónico e teléfono de contacto do autor. 

Entrega
As obras poderanse entregar en persoa ou enviarse por correo ó Centro Eucarístico Lucense, Praza de Santa María 1, 27001 Lugo. Mencionando no sobre “Certame Literario”. Non se admiten traballos presentados por correo electrónico.
Premios
Categoría adultos (maiores de 18 anos)
– Primeiro: 600 euros e a publicación da obra.
– Segundo: 350 euros e a publicación da obra.
Categoría infantil (ata 15 anos)
– Primeiro: 350 euros en material escolar ou libros e a publicación da obra. – Segundo: 250 euros en material escolar ou libros e a publicación da obra. Categoría xuvenil (ata 18 anos)
– Primeiro:350eurosenmaterialescolaroulibroseapublicacióndaobra. – Segundo: 250 euros en material escolar ou libros e a publicación da obra.

Calendario
O prazo de recepción rematará o 27 de maio.
Fallo: comunicarase aos gañadores na segunda semana de xuño e tamén se dará a coñecer a través dos medios de comunicación.
Entrega de premios: entregaranse os premios durante a semana do Corpus. O lector será invitado a ler a súa obra na Summa Poética, acto de música e poesía.

Devolución
Os dereitos da primeira edición das obras son do LEC. Tódalas obras que non foran premiadas pasarán ó arquivo do Centro Eucarístico Lucense e non se devolverán orixinais. A organización reserva o dereito de publicación da obra que considere axeitada, dando a coñecer o nome do seu autor.
Xurado
O xurado estará composto por escritores e profesores nomeados polo LEC que emitirán un fallo inapelable antes do 5 de xuño. Se as obras presen- tadas non acadasen a calidade necesaria, o premio poderá ser declarado deserto.
Imprevistos
Se con posterioridade á concesión do premio se coñecese algunha ano- malía ou incumprimento das bases, procederase á súa revogación, previa consulta co xurado.
Calquera caso non previsto nestas normas será estudado e resolto pola organización. A participación supón a aceptación das presentes bases.


Dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Per- soal, informámolo de que os que se nos faciliten co gallo da participación neste concurso pasarán a for- mar parte dun chero propiedade do Centro Euca- rístico Lucense e serán empregados para a xestión do presente concurso. Asimesmo informámolo de que pode exercitar os seus dereitos de acceso, recti ca- ción, cancelación e oposición no seu enderezo de Praza de Santa María 1, 27001 Lugo. 

1 jun. 2016

Conferencia do liturxista Jaume González Padrós

conferencia de Jaume González

Concerto cos dous órganos da Catedral de Lugo

cartel festival internacional de órgano do Corpus
O mércores 1 de xuño ás 20.45 h na Catedral celebrarase o terceiro concerto do III Festival Internacional de Órgano do Corpus en Lugo.
Por primeira vez, nos tempos modernos, utilizaranse os dous órganos da catedral: o órgano barroco e o órgano romántico, chamados tamén da epístola e do evanxeo.
Os intérpretes son:
Giulio Mercati, músico versátil, moi solicitado e apreciado internacionalmente. É o director do ciclo Europeo de Concertos de Órgano “A música do Peregrino” e director artístico do Festival de órgano do Corpus de Lugo.
Román Perucki, é un prestixioso organista e profesor polaco. Realizou máis de 2000 concertos de órgano e numerosos recitais en toda Europa, Estados Unidos, Xapón, Australia e México.
O Festival Internacional de Órgano do Corpus en Lugo organízase co desexo de realzar a solemnidade do Corpus. E intégrase dentro do Ciclo Europeo de Concertos de órganos “A música do Peregrino” que se desenvolve en Lugo, Lugano (Suiza), Milán e Saronno (Italia). Todos teñen como vínculo común o Camiño de Santiago.

24 may. 2016

Premiados no II Certame de Poesía Eucarística

 Certame_poesía
O fallo do xurado do II Certame de Poesía Eucarística organizado polo Centro Eucarístico Lucense (LEC) é o seguinte:
A) Categoría adultos (maiores de 18 anos)
1º Premio: 600 € e a publicación da obra ao conxunto de poemas “Amor a ultranza” de D. Esteban Torres Sagra. (Úbeda, Jaén)
2º Premio: 350 € e a publicación da obra, ao poema “Cómo ser pan” de Dña. Mª Consuelo García (Lugo)
B) Categoría xuvenil (ata 18 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Recuerdo del más puro amor” de Ignacio Felpeto Criado. (Lugo)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Tu corazón me mira” de Tomás Córdoba Maginzali. (Lugo)
C) Categoría infantil (ata 15 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Cada día en la comunión” de Daniel Varela García. (Taboada, Lugo)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Comuñón” de Rebeca Roca Cruz. (Lugo)
A Eucaristía converteuse unha vez máis na protagonista de miles de versos que chegaron desde diversos lugares de España. O xurado destaca nesta convocatoria a cantidade e calidade dos poemas recibidos. E celebra a gran participación na nova categoría infantil, agradecendo a pais e profesores a súa enorme colaboración.
A entrega de premios será o 28 de maio ás 12:30h no Seminario.

22 may. 2016

V ENCUENTRO EUCARÍSTICO LUCENSE


V ENCUENTRO EUCARÍSTICO LUCENSE